Diego Hermida - "I Copa Diputación de Ourense"


O deportista dezano do "Club Kickboxing Lalín" Diego Hermida Villanueva, participará no próximo torneo "I Copa Deputación de Ourense" que se celebrará o próximo 18 de Xullo no pazo de deportes "Paco Paz" de Ourense a partir das 16:30 horas.
Como principal obxectivo a alcanzar, atópase o de rodaxe en competición, sen dar unha maior importancia aos resultados, coa vista posta a próximas competicións oficiais, aínda que dada a calidade do deportista, augúranse bos resultados.
É de destacar que sería a primeira competición na que participaría un deportista pertencente ao "Club Kickboxing Lalín" desde a súa creación.
Hai que recordar, que houbo competidores destacados da comarca en varias modalidades de Kickboxing , pero ante a ausencia de club propio, participaban fichados en clubs foráneos.

1 comentario:

Spaceboxing.com dijo...

COntactar conmigo por favor
Dani spaceboxing@hotmail.com

www.spaceboxing.com

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...